20.4.14

Encontros PLAMBE 2014

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Este vídeo resume o acontecido nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014, celebrados en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de marzo de 2014. Asistimos os responsables das bibliotecas escolares dos 524 centros integrados no programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2013/2014. Participaron, así mesmo, asesores e asesoras da Rede de Formación do Profesorado e representantes do Servizo de Inspección Educativa. A organización destes encontros débese a unha colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), responsable das políticas de bibliotecas escolares e fomento da lectura da consellería, e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Servizo de Formación do Profesorado-CAFI), da que depende a formación permanente do profesorado galego. Nestes encontros incidiron na importancia de integrar ciencias e humanidades na biblioteca escolar e nas actividades que xeneran, de cara a unha formación integral do alumnado.

No hay comentarios: