21.4.14

Día do libro... todo o ano!


Hoxe le... from bemilladoiro on Vimeo.
O vindeiro mércores 23 celebraremos o Día do Libro. Como cada ano, xa temos organizada esa actividade que tanto vos gusta dos Lectores Padriños. Pero xa sabedes que non agardamos ás efemérides para celebrar. Non. Nós celebramos todo o ano! Velaí esas imaxes que o demostran. Pertencen á actividade que chamamos Hoxe le... e da que xa vos terán falado os nenos e nenas. Martes e xoves de tódalas semanas escolares de 3º a 6º autoorganízanse para lerlles aos máis pequenos. Unha actividade que apasiona aos que a fan, encanta aos que a reciben e, unha vez máis, únenos a todos e todas....no mundo máxico da lectura.

No hay comentarios: