11.12.13

Informe Pisa


Estes días foi noticia a publicación dos resultados do Informe Pisa.

Se todos sabemos que as competencias en educación están transferidas á meirande parte das CCAA, e polo tanto cada unha delas é responsable dos seus propios resultados, non se entende esa insistencia en falar do reultados PISA para España. Porque non en todas as CCAA hai os mesmos temarios, nen plans, nen inversións... polo tanto: cada un a analizar o seu.
E no que a Galicia respecta sabemos que no conxunto das tres competencias analizadas temos unha puntuación de 512 puntos o que nos sitúa por encima da media da OCDE (501) e da UE (497)
Na competencia linguística temos 499 puntos, de novo por encima das dúas medias citadas (496 e 489, respectivamente)
Na C. Matemática temos 489 puntos, os mesmo que a UE e 10 menos que a OCDE
E, por último, en Ciencias temos 512 puntos frente a 501 e 497 da OCDE e a UE, respectivamente.
Así que, señores, nós seguiremos millorando (se nos deixan) e.... cada pau que aguante da súa vela.
Tódolos datos, téndelos AQUÍ

Preparamos esa gráfica que recolle os re3sultados do informe co fin de facilitar a súa lectura.
E, se queredes ampliar a reflexión sobre este informe, deixamos este artigo do profesor Felipe Zayas

4 comentarios:

A profa dijo...

Parabéns pola entrada. Con permiso comparto/roubo :D

olga dijo...

Grazas, >Pilar. Isto non vai sair nos telexornais pero o importante é que sexamos quen de transmitilo ás familias que nos confían a educación dos seus fillos e fillas.

Ghalopín dijo...

Parabéns ó noso sistema educativo, mais maniféstome en contra do gráfico utilizado para iliustrar a noticia. As diferencias máximas andan polo 2% e no debuxo parece moito máis. É mérito suficiente estar aí, pero por marxes non moi superiores ó intervalo de confianza estatístico. E eso tamén é comprensión das matemáticas, deberiades dar exemplo.

olga dijo...

Tal vez non reparaches en que a representación non é por % senon por puntos, que é como PISA dá os seus resultaos.
Como sabes, as gráficas son matemáticas e, como ben dis, hai que lelas ben.