30.10.13

Samaín

Rematamos hoxe as actividades do Samaín desmontando esta marabillosa exposición de cabazas decoradas.
A verdade é que cada ano nos sorprendemos coa imaxinación que teñen estes nenos e nenas. Mirade, senón, esa familia de Chuchocachiños (lembrade que temos o libro na biblio).

PREMENDO NESTE ENLACE poderedes ver tódalas fotos. Bueno... as que nos deu tempo a facer pois este ano, sen que saibamos a razón, as cabazas podreceron moi rápido e algunhas... non puidemos fotografalas.
A semana que ven comezan as xa famosa IV Semana Lecturas terroríficas: tódolos días na biblio na Hora de Ler.
Feliz fin de semana a todos e todas

No hay comentarios: