19.5.13

Festival das Letras

Hoxe tivemos a festa das Letras. Este ano decidimos facer un recital poético na honra de Rosalía de Castro aproveitando o 150 aniverario da publicación de Cantares Gallegos que, como sabedes, sucedeu o 17 de Maio de 1863 e dou lugar a que ESE sexa precisamente o día que se lle adicou posteriormente á Festa da nosa literatura.

Nenos e nenas parenderon poemas dese libro e xuntámonos na Biblioteca para escoitarnos e deleitarnos, xa non só coas poesías, se non tamén coas declamacións tan primorosamente preparadas.

Previamente entregamos os agasallos aos escolares colaboradores que, anque este curso non atenderon ao público porque non conseguimos abrir, si que fixeron moito, moito traballo: expurgo, rexistro, colocación....
e, como non puidemos entregar o premio xa tradicional aos MÁIS LEÓNS, pois entregamos como agasallo un lotiño de libros para cada aula.

AQUÍ ESTÁ O ENLACE para que poidades descargar as fotos :-)

Ningún comentario: