Por se alguén non dispón dese tempo:
- entre o minuto 2 e o 5, DEFINE o concepto do fracaso escolar.
- Entre o 7 e o novo, e máis tarde á 1 hora e 11 minutos, exténdese sobre a AVALIACIÓN dos escolares.
- No minuto 16 argumenta a necesidade do TRABALLO POR PROXECTOS. Asunto este de APRENDER A APRENDER, sobre o que volve no minuto 27 despois da primeira hora.
- No minuto 20 explica e argumenta o asunto daa desigualdades de partida (sociasi, personais, escolares e/ou familiares)
- No minuto 28 argumenta a necesidade da escolarización pública (que non obrigatoria) do período 0-3.
Un documento que podería dar lugar a interesantes reflexións tanto nos claustros coma nas asociacións de pais e nais así coma nos seminarios de inspectores e, en definitiva, entre todos cantos directa ou indirectamente estamos comprometidos e implicados na educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario