16.2.13

Aprender a buscar na web

Velaí un documento que pensamos pode ser de gran utilidade cando traballamos con técnicas ALFIN, e tamén para o uso cotiá de calquera cidadán: Aprender a buscar na web

O documento nace da colaboración entre Charo Sánchez-Gabriel, a resposnable da Biblioteca do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e eu mesma.

Anque xa dispuñamos dun, este é algo máis completo. E non vos preocupedes: ao final tendes a posibilidade de imprimir unha versión en papel.

A presentación pode descargarse e tamén podedes modular o volume da música.

Esperamos que nos sexa de axuda no traballo de cada día. E tamén na vida.
Podedes vela no enlace e tamén premendo sobre a imaxe.

8 comentarios:

bibliotecadocole dixo...

Boísima a ferramenta, que imos utilizar moito. Grazas por compartir.
Bicos dende Moaña

BIBLIOCERVO dixo...

Claro que o vamos aproveitar, non se ode desperdiciar un traballo tan bó.Eu de grande quero ser coma vós!! Unha aperta! María-Cervo

olga dixo...

Disfrutamos especialmente cando somos conscientes de que o traballo que facemos é útil para moitos/as.
Así que... GRAZAS a vós por estar atentas.

Chispa dixo...

Quedades enlazadas. Moi bo traballo.
Grazas, compis

Biblio Fernando Esquío dixo...

Moitas grazas desde o Blogfesquío.
Sempre son benvidos todos os traballos sobre ALFIN, e este é magnífico.

Grazas

Pacodíaz dixo...

Magnífico destilado. Unha sabia mestura de saber e de experiencia. Grazas.

olga dixo...

Se serve...entón terá pagado a pena :-)

LA DE MÚSICA dixo...

Buenas tardes,
estoy interesada en saber si están disponibles estos documentos sobre "Aprender a buscar en la web"