27.2.13

Proxecto piloto E-LBE nas Bibliotecas Escolares

Na mañá do pasado mércores, 20 de febreiro, o auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, acolleu a presentación dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. En novembro de 2012, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizou unha convocatoria destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares. Recibíronse un total de 327 solicitudes e procedeuse á selección de 25 centros que cumprían os dous requisitos previstos: compromisto coa biblioteca escolar (manifestado na memoria do curso anterior) e instalación en concellos rurais galegos. Cunha sesión informativa e a entrega dos lectores electrónicos aos centros seleccionados botou a andar este pequeno proxecto que busca, fundamentalmente, proporcionar ao alumnado novas experiencias de lectura.
 Nesta sesión estiveron presentes os responsables das bibliotecas do CEIP Mestre Valverde Mayo, de Mos (Pontevedra) e do IES Lama das Quendas, de Chantada (Lugo), que xa botaran a andar iniciativas de uso de lectores electrónicos nos seus centros, para comentar a súa experiencia e proporcionar, así, información sobre liñas de actuación posibles. Os centros incluídos neste proxecto E-LBE contarán cun equipamento de 3/4 dispositivos de lectura electrónica que utilizarán en función dos obxectivos do Proxecto Lector de Centro e coa orientación que o equipo de biblioteca crea máis oportuno.
A final de ano participarán, mediante un breve formulario, na elaboración dun informe para a valoración desta experiencia.
Achégase un díptico informativo e unha relación máis ampla de recursos electrónicos relacionados coa lectura dixital e o libro electrónico. PPT Proxecto E-LBE -- PPT CEIP Valverde Mayo (Mos) -- IES Lama das Quendas (Chantada)
 (Publicado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia)

Sobra dicir que traemos esta nova a esta fiestra por que o noso foi un dos centros seleccionados na convocatoria.
Agora andamos a tomar decisións sobre o maior e mellor uso que lles podemos dar.
Seguiremos informando.

24.2.13

Musica tradicional: Matilda de Limiñoa. Raices Combinadas

O pasado mércores foi un día moi intenso. Entre outras cousas, que xa vos iremos contando, tiñamos unha cita pola tarde con Matilde Castro, máis coñecida como Matilda de Limiñoa.

Trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes unha claridade, frescura e naturalidade... envexable.

Produceunos unha impresión fantástica e non quitabamos ollo (nin ouvido) a canto nos contaba.

Os nenos e nenas de 6ºA, que andan metidos no coñecemento da música tradicional, prepararan unha entrevista da que aquí vos deixo (de momento) os cortes relacionados coa música porque máis dunha hora de encontro deu para moito: hai preguntas de diversos temas e, a todas elas Matilda respondeu volcándose, poñendo á nosa disposición a súa lúcida memoria, o seu orden mental exquisito e unha risa cantareira que encheu de ledicia unha tarde inesquecibel.

A Matilda: GRAZAS, de corazón.
E aos autores e autoras da entrevista: GRAZAS tamén, por ter preparado este traballo con tanta profesionalidade.
Esta primeira parte da entrevista é algo máis longa que as demáis pois é claro que A MÚSICA foi o tema no que máis nos exetendemos, dura dazaseis minutos pero aconsellamos que escoitedes con atención pois contén auténticas perlas:


23.2.13

Receitas para a PAZ

Velaí os vosos traballos de reeitas para a PAZ. Canta marabilla!
Antisolito, Sincerol Axudrón, Amorín-500, Contracarrax.... estarán xa, e pasa sempre, nos nosos botiquíns.
 Parabéns a todos e todas por este magnífico traballo!

16.2.13

Aprender a buscar na web

Velaí un documento que pensamos pode ser de gran utilidade cando traballamos con técnicas ALFIN, e tamén para o uso cotiá de calquera cidadán: Aprender a buscar na web

O documento nace da colaboración entre Charo Sánchez-Gabriel, a resposnable da Biblioteca do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e eu mesma.

Anque xa dispuñamos dun, este é algo máis completo. E non vos preocupedes: ao final tendes a posibilidade de imprimir unha versión en papel.

A presentación pode descargarse e tamén podedes modular o volume da música.

Esperamos que nos sexa de axuda no traballo de cada día. E tamén na vida.
Podedes vela no enlace e tamén premendo sobre a imaxe.

11.2.13

O entroido en imaxes

Xa están aqui as imaxes do noso entroido. Preme na que ves e accede ao album.