22.11.12

Nova zona

Cun pequeno presuposto extraordinario que recibimos da Consellería neste mes de Setembro, decidimos darlle forma a unha zona que hai tempo tiñamos na cabeza: a zona para escoitar música. Aproveitando que estabamos a facer cambios no mobiliario, nos fondos... ¡cambios en profundidade! o caso é que eses euriños viñeron que nin pintados!

 E aí tendes o resultado! uns sillonciños que inicialmente traían uns coxíns negros (puagggg!) e agora locen outros ben bonitiños cunha tela que mercamos e logo transformou a nai de Óscar; unha mesiña, un cesto para gardar os auticulares, unha alfombra..., o moble para os periféricos que xa nos facía falta tamén e un punto para consultar o catálogo e facer autoempréstito.

Agora só hai que... comezar a disfrutalos! Pero para iso, aínda hai que agardar á reinauguración. A ver se non é moito.

2 comentarios:

Chispa dixo...

Nós andamos a iso mesmiño. En canto lin o teu correo vin rapidamente a ver as fotos. Nós témolo máis complicado polo espazo do que dispoñemos. Xa vos contaremos como solucionamos.
Quedouvos fantástico!
Biquiños

Leo dixo...

Encántame que teñamolas mesmas ideas. Para que vexan que... bruxa ou serea...¡non hai tanta diferencia!