15.5.12

Sobre Paz Andrade: videos

Para ratiños que vaiamos tendo nestes días, estes videos que nos achegarán máis á figura de Paz Andrade vista desde os ollos de outras persoas, incluído o seu fillo Alfonso que, como xa sabedes, leva ese nome na honra de Castelao. Gústame especialmente o primeiro dos videos que ilustra un poema que non deixa de estremecerme..."Cando ti volvas polo mare"... son palabras que teñen moito sentido cando esa é a túa historia, a túa biografía:  a de milleiros de esposas e fillos de mariñeiros galegos entre os que me encontro.
Importantísima a reflexión de Alfonso Paz-Andrade sobre a importancia da empresa galega: sen empresa propia, con selo propio, con intereses propios, dificilmente se constrúe un país. Esa é a principal aportación deste home: pensaba en País e pensaba en empresa, visión que compartía con Isaac Díaz Pardo e outros bos e xenerosos.

Ningún comentario: