2.5.12

Isto ven de vello

Hoxe. o diario máis lido en Malpica, recolle esta imaxe na sección Tal como eramos.
Trátase dunha fotografía feita hai 20 anos na biblioteca do noso cole, con motivo dalgunha exposición ou campaña de lectura (non me pidades tanto da memoria porque.... ¡non o lembro exactamente!)
Recoñezo, no fondo da imaxe a Olga e a Ludi. Creo, tamén recoñecer a algúns alumnos pero... esperamos a que se identifiquen eles para non meter a pata JA, JA, JA!!!!
O bo do asunto é comprobar como a biblio, o traballo con ela e desde ela,  sempre foi IMPORTANTE no noso colexio.
Velaí a proba.
P.D.-  Enviamos un bico para todos eses da foto que hoxe son cidadáns adultos pero...¡antes foron así!

2 comentarios:

Biblioteca do CEIP Raquel Camacho dixo...

Recordo ver no seu día esta foto publicada no periódico.
No blog vese bastante borrosa e non se distinguen ben os nenos.
Encántame que se recorden estes acontecimentos.
Biquiños
Mari Carmen

Leo dixo...

Pois, noraboa pola memoria!