"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
25.4.12
Día do libro: Padriños lectores
Velaí as imaxes desta actividade que celebramos xa por terceiro ano consecutivo para conmemorar o Día do Libro.
Trátase dos Lectores padriños e consiste en adxudicarlle a cada nenos ou nena un padriño ou madriña maior e que será encargado de lerlle un conto no Día do Libro.
A actividade comeza días antes coas presentacións e conversas que manteñen padriños e afillados sobre as lecturas que lles gustan... e remata como estades vendo.
Está nos nosos plans seguir a celebrala en anos sucesivos. Veremos se somos capaces tendo en conta como se nos están poñendo as cousas.
ÁlBUM DE FOTOS
Etiquetas:
animacion à lectura,
dia do libro,
padriños,
video
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Chulísima actividade Olga,mágoa de non estar máis cerca. Non te animarías a facer algo conxunto para outro ano? Teño certas ideas...
Noemí
Co tratamento das fotos intentei transmitir algo da emoción que , na realidade, produce a actividade. De verdá que é fermosa.
Claro que me animo, Noemí. Falamos cando queiras.
P.D.- Teño que botarme a tremer coas túas ideas? JA, JA, JA...
Publicar un comentario