"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
8.3.12
Taller coas atadoras
Pola tarde, tivemos un taller no Centro Cívico coa Asociación Profesional de Atadoras O Peirao.
Nenos e nenas aprenderon moitas cousas estes días, xa as contarán eles nos informes que andan a facer pero, así, de entrada, o que todos aprendimos foi que un traballo que tradicionalmente se facía nas casas coma unha parte máis do traballo invisible das mulleres, hoxendía ten o recoñecemento dun labor profesional e como tal é remunerado e valorado.
As nosas atadoras, artesás e profundamente coñecedoras do seu oficio, viaxan a onde as chamen (e chámanas de moitos sitios!) tanto a facer como a reparar toda clase de aparellos.
Aprender é complexo e elas queixanse de que lles falta o relevo xeracional.
Veremos como se nos dá o futuro.
De momento, están asociadas (desde 2004), son as súas propias xefas, milloraron considerablemente as súas condicións laborais e deron a coñecer que ESO que fan é unha profesión MOI especializada.
Tamén para esto vale o Día Internacional da Muller traballadora.
Etiquetas:
atadora,
Día da Muller,
malpica
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Parabéns por esta fermosa actividade!!!
Efectivamente, foi unha actividade moi intensa. E aínda non rematamos...
para as redeiras da asociació O Fieital de Malpica foi moi gratificante poder amosar o noso traballo tanto os alumnos como os profesores onde poidemos apreciar e ver o interés que tiñan.
E para nós asistir a tan excelentes explicacións. Das que saen da cabeza, do corazón e da experiencia.
Grazas, a todas.
Publicar un comentario