2.3.12

BN (IV)-Unha nova Rosalía

O xornal Certo Xornal achegounos o pasado día 24 unha nova, NOVA d eevrdade: a publicación dunha fotografía inédita de Rosalía de Castro.
A imaxe, reflicte unha muller fachendosa, con xoias e moi elegantemente vestida que mira á cámara chea de dignidade e orgullo: unha señora.
Vamos... nada que ver coas fotografías que ata o momento coñeciamos de Rosalía na que nos ofrecía unha imaxe de muller coitada, triste, vestida con descoido...
Un achádego magnífico para conmemeorar o 125 aniversario do seu nacemento.
Esta nova imaxe cadra moito millor coa poeta universal que coñecemos: a muller que rompendo con tódolos tabúes do seu tempo non só escribiu senon que o fixo en galego e tocando tódolos temas.
¿Que clase de persoa hai que ser para escribir A xustixa pola man, por exemplo? Pois, non precisamente  unha mulleriña malpocada, non; máis ben unha muller intelixente, orgullosa, sagaz, valente e cun grande sentido do humor..
Na miña opinión: a muller que reflicte esa fotografía.
De como a figura de Rosalía foi tratada por literatos e historiadores, dá fe o feito de que aínda non dispoñamos dunha biografía súa completa e definitiva. Si, hai estudos parciais e espallados pero... non esquezamos que foi unha muller nun mundo de homes. E que, o seu propio marido, un literato de cuarta fila,  foi un deles, un dos que pretenderon reducir a súa figura chegando mesmo a destruir cartas, poemas e outros materiais despois da súa morte.
Pero ela levántase orgullosa desde a súa obra e o coñecemento que hoxe temos dela fai que se nos revele cada día con máis forza, coma unha literata de tamaño universal.
Colle calquera dos seus poemas e comproba que é tal a súa universalidade, que puido ser escrito... onte mesmo.
Como exemplo: Xan, cantado e musicado polo grupo Quempallou:

2 comentarios:

Carlos L. Medrano dixo...

Ola Olguiña, como outras veces acabo caendo no voso blog (por algo será). Esta vez foi facendo buscas, para un traballo, sobre imaxes de Rosalía. Impagable a información sobre a fotografía e a imaxe mesma. Grazas por ternos ao día. Vou ver se a consigo, cos seus permisos claro.
Apertas.
Carlos L. Medrano

olga dixo...

Gustanos que a xente "caia" no noso blogue. E máis se son amigos.
Efectivamente, a foto é marabillosa!