21.10.11

1º Semana da Froita deste curso


Un ano màis organizamos a Semana-da-froita. Como xa fixeramos en cursos anteriores, repartìmos a actividade en tres samanas diferentes ò longo do curso para poder degustar-coñecer-disfrutar as diferentes froitas que nos ofrece cada estaciòn do ano.
Coa axuda das nais da AMPA esta semana disfrutamos de:

luns: uvas e mandarinas
martes: batido de plàtano e laranza
mèrcores: brocheta de uvas, piña, mazà e mandarina
xoves: froitos secos: avelàs, anacardos, amèndoas, cacahuetes, pipas, noces...
venres: macedonia de plàtano, piña, pera, kiwi...

Descubrimos novos sabores. A algùns/nhas houbo que onsistirlles un pouquiño para que se decidiran a probar...Tamèn deu pè para falar das alerxias e intolerancias alimentarias.

Unha semana saudabel e moi, moi saborosa.
Agora esperaremos à pròxima no vindeiro trimestre.
Damos as grazas às nais que colaboraron de xeito entusiasta demostrando, unha vez màis, que nisto de educar todos imos no mesmo barco.

Ningún comentario: