12.7.11

De novo...

Vólvenos chegar este fermoso recoñecemento, esta vez da man de Hora de ler
acompañado dun texto que nos emociona profundamente pois pon de manifesto o que esta maneira de entender a escola ten de soño e utopía
Na primeira ocasión decidimos darllo a tódolos compañeiros nesta viaxe fantástica e laboriosa: é a nosa maneira de pór de manifesto o esforzado traballo dun feixe de profesores e profesoras que ADEMÁIS e nun labor explícito de voluntariado, fan realidade cada día nos seus centros o MUNDO DE POSIBILIDADES que para os nosos escolares representa a BIBLIOTECA ESCOLAR.
Seguimos sen ser quen de escoller 12 entre eles, pero enviarémolo a TODOS representados pola ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Sen ela, nada deste milagre tería sido posible.

No hay comentarios: