26.5.11

Poemas para Lois


A actividade de creación literaria deste ano consistía en facer poemas sobre un sentimento. A imitación de Lois, miramos cara adentro, buscamos un sentimento que nos emocione e tentamos poñelo en palabras.
Como vedes, houbo de todo. Os pequenos traballaron coas propostas do libro Que tal, vexetal? que axuda moito a falar de sentimentos. E os maiores...bueno..eses miraron ó seu interior e ¡vaia se toparon de que falar!
Coma decote, os poemas acabarán encadernados nun libro do que poderedes disfrutar na biblioteca.

2 comentarios:

Bibliocervo dijo...

Precioso traballo o que fixéstedes entre tod@s! Moitos e bos sentimentos os que mostrades! Unha aperta dende Cervo.

olga dijo...

A falar de sentimentos, coma o outras moitas cousas, hai que aprender de pequenos :-)