29.5.11

Algo máis que pombas e globos


Ese é o lema do 25 aniversario do SGEPe que suscribimos plenamente.
Desde a escola poñemos o noso gran de reflexión nos valores que constrúen a PAZ e, con ese fin organizamos as actividades da vindeira semana que están no caderno que repartimos onte e no deseño das cales participamos tódolos equipos de Dinamización do centro.
LECTURAS DRAMATIZADAS
Durante toda a semana na HORA de LER, os cursos que así o decidan actuarán na biblio para todos e todas dramatizando a lectura escollida. As lecturas seleccionaránse de entre as pre-seleccionadas polo E. de Biblioteca que xa están todas no expositor correspondente.
DEBATE_REFLEXIÓN sobre VALORES:
Asignamos un valor a cada nivel segundo o seguite cadro
E.I.- Xenerosidade
1º.- Amizade
2º.- Cooperación
3º.- Respecto e Tolerancia
4º.- Responsabilidade
5º.- Lealdade
6º.- Esforzo
Escribiranse as conclusións que serán lidas no acto do venres á tarde.
MURAL das MANS:
Sobre a plantilla do perfil da man de cada quen escribiremos a frase ou palabra que queiramos divulgar. Xuntas colocarémolas no arco da vella do mural colectivo que está a facer o E. de Convivencia.
LECTURAS PARA A PAZ:
Xa está montada a selección de libros que recomendamos para estas datas. No lugar habitual. Listas para que as levedes emprestadas.
CANTAR:
A profesora de música anda a preparar con todos e todas a canción We are the world  para cantar xuntos.
VENRES 28:
Todos vestiremos unha camisola branca durante todo o día.
Pola tarde, no patio colocaremos o mural feito en común, leremos as conclusións dos debates nas aulas e cantaremos xuntos.

3 comentarios:

Mari dijo...

Encántanme as actividades que tedes programadas. Que o disfrutedes en PAZ!Aquí deixo a miña aportación deste ano:
O sorriso dun neno!

olga dijo...

Trátase da entrada que tiñamos preparada para aqueles días de Xaneiro. Onte publiqueina (polo seu valor) pensando que sairía publicada entre as da súa data. Pero non foi así :-) e agora parace que andamos ó revés do mundo . Pero, ben pènsado...¿non son todos os días da PAZ?

Mari dijo...

Si, vin as fotos!