27.4.11

Libros en tódolos sentidos

Como sabedes, o 23 de Abril de cada ano celebramos o Día Internacional do Libro. Comoqueira que este ano cadrou nas vacacións, nós repartimos as celebracións entre varios días. En realidade, celebramos o libro cada día do ano.
E, coma mostra este botón: o que fixemos cos libros no pasado curso.
Nese caderno que vedes, tentamos resumir algunhas das actividades que fixemos encol dos libros e a lectura no curso 2009/10.
Este curso que andamos está a ser máis ou menos igual. E o outro. E o outro máis... Porque os libros están no centro da nosa vida.
Coma ten que ser.
Felices días con libros! 

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi bo traballo!
Coa crise que temos o traballo diario é o que fai futuro, e non as "celebracions" de alto nivel como repartir 4000 libros aos que se pasaron polo Gaias.

Encarna dixo...

Un traballo precioso.
Parabéns Olga!!!

olga dixo...

Grazas polos vosos comentarios agarimosos.
Somos conscientes de que sementamos. Con dificultades. Sen moito recoñecemento. A contracorrente...
Pero sementamos.
Os nenos e nenas de hoxe son os cidadáns de mañá. E ler, fainos máis libres.