Onte deixounos Ernesto Sábato que cumpliría cen anos o vindeiro 24 de xuño.
Coñeciamos a obra deste novelista, físico e pintor pero non sabiamos da súa estima por nós: polos galegos e galegas.
No ano 2002 o PEN Club de Galicia concedeulle o Premio Rosalía de Castro dándolle así a ocasión de visitarnos e coñecer a nosa terra.
Na súa Arxentina natal Sábato tivera ocasión de coñecer emigrantes galegos de quenes escribiu:
“Aquellos gallegos que conocí, siendo niño, en mi pueblo pampeano, gentes sencillas y respetuosas de sus tradiciones que se reunían para celebrar romerías al son de la gaita y los panderos. Gallegos que llegaron a la Argentina para engrandecerla, que trabajaron duro, que formaron nuevos hogares y que hoy sufren la misma angustia de todos los hombres y mujeres de mi patria; hundida en la miseria, arrasada por los explotadores y los corruptos”.
Máis tarde fíxose amigo de Lourenzo Varela, Dieste, Otero Espasandín... cos que compartía tertulias no café Tortoni de Bos Aires.
Admiraba a Rosalía de quen dixo:
"...que siendo fiel a sus raices y a su lengua supo crear una obra universal"
Sábato admiraba profundamente ó pobo galego pola nosa capacidade de resistencia, estoicismo e valor.
Pódese ver un estracto do famoso discurso AQUÍ
O texto completo está incluído nun dos volumes da serie Miradas Alleas publicada pola Xunta.
Despedimos, pois, a un home comprometido co seu tempo e o mundo que lle tocou vivir. Quédanos a súa obra
Ningún comentario:
Publicar un comentario