Hoxe escoitamos falar destas dúas páxinas e fomos axiña coñecelas. Teñen, como comprobaredes, unha finalidade fundamentalmente turística pero a nós poden facernos moitos servizos.
Son www.descubregalicia.com e www.virtualplanet360.com
Unha delas serve para viaxar por algunhas vilas galegas (de momento 59 pero están en aumento) e a outra por vilas do mundo (de momento 39 de Europa e América do Sur)
Pode resultar moi útil para ver e facer como que paseamos por cidades que non coñecemos e que, por algunha razón entran nas currículas, ou para ver algunha igrexa por dentro(asunto que lle gustará ó nosos amigo Antonio), ou o Museo de Ferrari en Maranello, ou para prácticar idiomas (están en galego, inglés, francés e castelán)...
Están creadas por unha empresa de Pontevedra: Factoría Digital á que felicitamos desde aquí.
E agora, como Malpica aínda non está, ¿queredes facer unha visita a Pontemaceira, a Moaña, a Viveiro...? Pois, adiante!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario