Santiago Romay Lema. Actor. Malpicán. Bo e xeneroso.
Este é o noso Santi que ven de recibir onte á noite o Premio María Casares ó mellor actor secundario pola súa actuación na obra Un cranio furado.
Énchenos de ledicia saber recoñecido o teu traballo.
Persoalmente lembro o comezo de todo: as clases de teatro aficionado en Malpica, o castin para Mareas Vivas, a chispa que sempre tiveches, a timidez que te caracteriza, o bo fillo, o alumno, bo compañeiro e boa persoa que eras e segues sendo...
Admirable este rapaz que no discurso de agradecemento non esqueceu as súas raíces.
Un exemplo de traballo, constancia e ilusión para perseguir os soños.
Un de nós.
Parabéns, Santi!
Ningún comentario:
Publicar un comentario