7.3.11

Bocaberta




Esta semana chegou a Malpica o programa Bocaberta da SXPL, da man de Ed. Xerais.
A actividade estivo conducida polo Mago Cali e virou arredor do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz.
O libro é un dos nosos favoritos e sempre figura nos listados dos máis lidos. No mes das Letras do 2000 fixemos entre todos unha recreación marabillosa escribindo un conto cada aula a partir dun anuncio da sección Por Palabras. Prometo que será dixitalizado para que o disfrutedes tamén neste formato... en canto haxa algo de tempo! Vai pola 16ª edición desde que saeu ó mercado. Na nosa biblio temos algún exemplar da 1ª edición.
O acto tivo lugar no centro cívico e compartímolo cos nosos compañeiros de 1º e 2º da ESO do Urbano Lugrís.

Pasámolo moi ben e, ademáis, recibimos cadanseu exeplar do libro nunha edición especial para a Campaña.

Ningún comentario: