2.12.10

O mundo en galego


O programa Bocaberta da SXPL preséntase este ano con máis de 700 accións a prol da normalización linguística entre os máis novos.
Ese é o video de promoción da campaña.

O que nos interesa, de momento, é un excelente traballo que nos chegou hoxe. Trátase da colaboración na devandita campaña da editorial OQO: un dvd de xogos interactivos que teñen como punto de partida...... OS LIBROS!!!
Dentro de dvd atopamos dúas seccións: a colección nanOQOs e a colección O. En cada unha delas, a narración de 5 contos e os seus correspondentes xogos: dous no caso dos pequenos e tres no caso dos máis grandiños.
Non tardaredes en xogar. E xa veredes o ben que o pasades.
Desde aquí os nosos parabens a OQO polo deseño, pola idea e polo axeitado dos contidos. Tal e como nos teñen afeitos.