16.9.10

Un excelente comezo

Non todo habían ser malas novas neste comezo do curso. Non ho...!!!
Onte recibimos dúas expléndidas porque están relacionadas cos nosos logros, co traballo que facemos paseniñamente cada día de cada curso.
Por unha banda: conseguimos o 2º premio na XVI edición de Ponte nas Ondas O tesouro dos avós ó que sabedes que nos presentaramos con catro lendas de Malpica contadas polos avós e recreadas polos nenos e nenas de 2º, 3º e 6º.
Deixovos o documento co fallo do Xurado por se queredes saber dos outros centros premiados.

Por outra banda, tamén onte soubemos da publicación no DOG da resolución das axudas para este curso aos centros integrados no PLAMBE, asignación que se fai atendendo á Memoria de actividades levadas a cabo no curso que rematou. Unha vez máis gozamos da maior das cantidades asignadas pola Conselleria.

Cousas coma estas énchennos de satisafacción e estimúlannos para seguior traballando: son vento nas nosas velas para continuar con ilusión o traballo diario, ilusión que non sempre é doado manter nos tempos que corren.
Así que....
Parabéns ós profes, nenos e nenas do MILLADOIRO!!!!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa polo premio.
Frianciño

Bibliomanía dijo...

Parabéns para ti, tamén Olga por capitanear tan ben ese timón.

olga dijo...

Todos saben que eu non son mariñeira: só son reporteira.
Grazas polos mimos

RAIOTECA dijo...

Enviamos tamén os nosos parabéns dende Pontedeume, outra vila mariñeira.
Saúdos mariñeiros e bo comezo!!!

Mª delCarmen Vázquez dijo...

Noraboa polo premio.Felicitacións para os nen@s e a coordinadora.
Sodes tod@s moi labreguiños.
Biquiños

Mª delCarmen Vázquez dijo...

Noraboa polo premio.
Moitisimas felicitacións para nen@s e profesores que fixeron posible acadar o premio.
Biquiños