17.8.10

Sentidiño e sensibilidade


Descubrimos este vran algo que vos gustará. Trátase do ecomuseo de Enkhuizen que reflexa a vida cotiá dos mariñeiros holandeses a comezos do século pasado.
Un esforzo marabilloso para dar a coñecer, para divulgar a vida das familias mariñeiras reflectindo tódolos detalles do seu cada día.
Unha marabilla.
O Zuiderzeemuseum é o producto do enorme esforzo colectivo dunha sociedade que sabe de onde ven, síntese orgullosa delo e non quere esquecer.
Patrimonio conservado, rescatado e posto en valor con moito cariño.
As imaxes que vos deixo son do ecomuseo pero podedes ver outras de diversos puntos da cidade AQUI e AQUI
Cada vez que visito un sitio destas características boto en falta algo semellante en Galicia: un país que naceu e medrou a base da riqueza mariñeira, cunha enorme cultura do mar e sen moitas iniciativas que poñan en valor ese tesouro.
Espero, de todos xeitos, que iso cambie antes de que teñamos todo destruído en aras dunha suposta modernidade. Porque acabades de ver que ambos conceptos non están reñidos.
Un último apunte: visitamos o museo un sábado de xullo e non había máis turistas ca nós. Tódolos demáis visitantes (e eran moitos!) eran holandeses.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Tiñas razón, Olga, o ecomuseo parece un sitio precioso e cheo de maxia. A ver se este setembro, que imos Walter máis eu a Ámsterdam, nos da tempo a dar unha volta por alí. Xa che contarei. E a ver se tomamos exemplo en Galicia e montamos algo semellante, que seguro que non tería nada que envexar ó de Holanda. Bicos, Tania Doldán

olga dixo...

Unha alta autoestima... ten estes efectos.
Que o pasedes moi ben!