Esta foi a lenda que recolleron, ilustraron e grabaron os nenos e nenas de 6ºB.
Conchita, a avoa de Jorge e Mercedes, a de Marín Zas, foron quenes nolas contaron e José, o avó de Fani, axudounos na grabación. Foi curioso que, cando propuxemos na aula que preguntaran na casa polas lendas e se tomaran o seu tempo para acceder á memoria dos avós, de Barizo chegáronnos esta dúas visións tan diferentes do mesmo suceso. E decidimos compaxinalas, contalas xuntas para que sexas ti quen te decantes e escollas a que máis che xeitee.Con ela e outras tres que vos irei poñendo, participamos na XVI edición do concurso O Tesouro dos avós.
Realmene disfrutamos moito con este traballo que nos permitiu andar coa tradición oral entre mans, traballar cos avós, coñecer historias...
O día da festa de fin de curso fixemos a proxección pública na biblio e convidamos ós avós que, en realidade, foron os auténticos protagonistas deste traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario