7.6.10

Libros á sombra



Esta fin de semana andiven a escoller unhas cantas lecturas para propoñervos acompañar os enooooooooooormes días de verán.
Chameille Libros á sombra, primeiro por razóns obvias: ¡Canto presta ler á sombra dunha figueira, da sombrilla, dunha parra...ou do propio cuarto!
Pero tamén porque non son lecturas moi coñecidas. Non están nas grandes superficies. Non están nos montóns de libros-estrela que topamos ó entrar nas librarías...Non.
Estes son libros caladiños, deses que che recomenda un amigo, ou unha colega, ou un bo libreiro, ou alguén que... Non teñen grandes cantidades de cartos por detrás facéndolles publicidade, son de pequenas editoriais. Pero son bonitos. Xa verás. Bonitos de verdade.
Ou, a min parécenmo!

Ningún comentario: