2.6.10

Festival Internacional de debuxos animados na rede



Efectivamente. Isa é a proposta que, por terceiro ano consecutivo nos achega o equipo de Animacam desde Sandiás (Ourense)
A vindeira semana, o Festival terá un eixo temático baixo o
título:Debuxos animados para todos feitos por nenos. Ano
tras ano, non deixamos de marabillarnos dos diversos proxectos que nos
chegan a través da rede dos cinco continentes. Pois ben, nesta
presente edición de 2010, presentáronse a concurso seis filmes
creados, desenvolvidos e debuxados por nenos de entre 8 e 12 anos.
Catro dende España e Dous dende o Reino Unido.
Din os organizadores.

Nesta 3ª edición presentáronse máis de 90 películas procedentes de 32 países e aínda está aberto o prazo ata o vindeiro 23 de Setembro. Ese dia comezará a seguinte fase:

os internautas poderemos visionar as pelis e votalas. Nenos e nenas poderán ver películas procedentes do mundo enterio, nun formato que lles resulta tan familiar como o dos debuxos animados e VOTAR a través da rede.

Deixamos o nelace permanente en Para pais e nais

E animámosvos a pasar ratos interesantes e divertidos vendo esas películas.

Ningún comentario: