10.5.10

Semana das Letras



Comezamos esta semana cargadiña de actividades en torno á poesía, á ilustración...¡á literatura galega! En realidade non paramos desde a semana do Libro.
Teremos recitais poéticos a cargo dos nosos escolares que terán lugar na biblio durante toda a semana.
Para mañá esperamos a visita de Fabio Regueiro que estará connosco todo o día dirixindo talleres de ilustración para os ciclos 2º e 3º.
E, como remate, o venres: exposición de buxainas, xogos tradicionais e tómbola... Ah! e o agasallo do marcapáxinas que, coa silueta de Novoneyra fixemos con outros coles, como xa ven sendo tradicional.
Esperamos que todas estas actividades que preparamos servan para o que é o nosos principal obxectivo: axudar a saborear a literatura, achegarvos a esta literatura na nosa lingua que non anda moi sobrada de canles de difusión.
Comezamos!

Ningún comentario: