1.4.10

Día do libro Infantil e Xuvenil

Hoxe é a conmemoración deso que nos ocupa durante todo o ano.

En realidade, sigo sen saber se estas conmemoracións teñen algún sentido. Pero aí está.

O noso compromiso é anual, de cada día, de tódolos días. Seleccionar, entre o marasmo de textos supostamente dirixidos ós rapaces. Achegar aqueles que nos parece que teñen maior calidade, diversos niveis de lectura, aptos para ese momento... Porque un bo texto (ou unhas boa ilustración)nunca será exclusivamente infantil.

Penso no libro de OH!, ou en Frederick, ou en Onde viven os monstros?, ou en Mil cousas poden pasar.... por non falar de Roald Dahl e toda a súa producción.... (e agora seguro que cada un de vos está evocando outros títulos igualmente marabillosos)

Non. Non creo que tódolos productos que levan o marchamo de literatura infantil, sexan dignos dese título. E non me vale o de que ós rapaces gústalles...

Un dos traballos do mediador é precisamente ese: achegar, dar a coñecer, mostrar e acompañar mentres educamos tamén os gustos literarios. Porque se non o facemos nós, faráno as grandes superficies. Que xa o fan e, moitas veces, con nós seguíndolles o xogo.

Deixovos ó enlace ó manifesto deste ano.

Tamén a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia completa a información.

3 comentarios:

Encarna dixo...

Estou completamente dacordo en que temos que reflexionar sobre o tema celebracións do día de... Ata que punto nos saturamos e estresamos con todas as conmemoracións e realmente, vale a pena???
Decateime de que ao ter o voso blogroll, non aparecen as vosas entradas. Terías que incluilo ti ou tería que facelo eu???
Creo que escribín demasiadas interrogantes.
Unha agarimosa aperta dende Pontedeume.
Encarna.

olga dixo...

Encarna, os interrogantes nunca son demasiados. Son a maneira de medrar.
bicos