25.4.10

Así foi o Día do Libro no noso cole:



1º.- Exposición ELES, ELAS...TAMÉN LEN. Desde o comezo do curso solicitamos a persoeiros coñecidos por actividades públicas diferentes ó libro e á lectura, unha foto lendo e unha recomendación lectora. Conseguimos, coa mediación de outas bibliotecas escolares galegas, a participación de máis de 40 famosos. O libro electrónico que fixemos publicámolo o propio día 23 neste blogue e noutros moitos das bibliotecas escolares galegas. A exposición física está no noso cole.
2º.- Preguntamos a nenos e nenas, profes e familias E TI:::PARA QUE LES? Proporcionámoslles unha plantilla de resposta que elaborou para as BEGas o ilustrador Jaime Eizaguirre. Non temos aínda fotos. A mañá foi moi intensa e non houbo tempo para todo. Pero prometémolas.
3º.- Escribimos e ilustramos entre todos/as unha historia que comezaron a inventar os parbulitos e remataron os escolares de 6º. Cada curso elaborou unha cartolina ilustrada co seu fragmento de texto. Encadernaremos o libro e faremos un formato electrónico. Tampouco temos fotos (de momento) Pero o conto é unha historia preciosa. Chámase Lueiro.
4º.-PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES.- Cada escolar de 5º e 6º apadriñaba a outros 2 (ás veces 3) dos outros cursos. Selecionaba un libro e preparabao (durante días) para contarllo. Nesta semana houbo un día en que os padriños e madriñas foron á aula dos seus afillados a presentarse. O venres, recolléronos na aula, baixaron xuntos ó patio, contáronlles a historia, disfrutaron do libro....e logo subiron de novo ás aulas.
Un día moi, moi completiño como podedes ver. Iste é o álbum de imaxes (das que temos polo de agora, pero xa vos prometemos máis E TERÉDELAS!)

3 comentarios:

Bibliomanía dixo...

Algo está a suceder. Respírase no ambiente. O libro é algo familiar entre os escolares. Parabéns!

olga dixo...

É verdade. sucedeu algo moi bonito ese día. E confiamos en que suceda cada día anque non sexa tan espectacular.

Mari dixo...

O que mais me gustou destas actividades foi a naturalidade coa que os rapaces participaron. Houbo unha total entrega. Realmente disfrutaron.