11.3.10

Mércores: Mary Anning. 3ºA



Nenos e nenas de 3ºA faláronnos de Mary Anning.
Resultou ser unha paleontóloga inglesa que viviu a finais do s.XVIII.
No xardín da súa casa (ó sur de Londres) topou cun fósil de Plesiosaurio... ¡e xa nunca se apartou do estudo dos fósiles.
Explicáronnos que son os fósiles:
restos de animais ou plantas que se converteron en pedra plo paso dos anos
E tamén nos contaron que un dino destes, adulto, sería máis grande que a nosa biblioteca!!!
Parece ser que o famoso monstro do Lago Ness, podería ser un Plesiosauro despistado que aínda sobrevive hoxendía...
¿terán razón?
O que é seguro é que atendimos moito, moito a canto nos contaron e que o contaron moi, moi ben.
Agora, esperamos que non se lles dé a todos e todas por pórse a cavar nos seus xardíns por ver se topan algo.
¡Noraboa!

No seu blogue tendes o video da exposición.

2 comentarios:

cormelana dixo...

A miña filla veu emocionada a casa contarme a historia da primeira muller astronauta, e logo quedou pasmada porque eu non lle sabía o nome... E eu tamén fiquei contenta de que as novas xeracións nos poidan descubrir retallos da nosa propia historia

Leo dixo...

Diso se trata...entre outras cousas:de que cheguen á casa contando, de que se lles escoite, de que poidan aportar na súa conversa sabendo o que din, de que se lles valore. Sabemos que o coñecemento adquirido deste modo é moi, moi significativo. É dicer: non se esquece.
Aledámonos de que vos alededes.