18.3.10

MEC e Bibliotecas escolares

O MEC ven de facer público o novo decreto de espazos mínimos nos centros escolares. Entre eles: as Bibliotecas.
As superficies mínimas contempladas son:
Educación Primaria: biblioteca de 45 metros
ESO e Bacharelato: 75 metros
Formación Profesional: Non se cita.

As aconselladas pola IFLA, son:
1- 250 alumnos/as: 144 metros cadrados
250- 500 alumnos/as: 251 metros cadrados
Máis de 500 alumnos/as: 358 metros cadrados
Podedes ver unha análise máis detallada no blog de AGABEL

Cando boa parte da comunidade educativa está volcada no papel das BEs na educación e comezamos a incrustalas no facer diario de moitos profesores e profesoras. Cando máis se nos reclama desde a sociedade que o noso labor docente esté íntimamente ligado coa sociedade da infromación e a comunicación... as autoridades educativas deciden dar un novo paso atrás.

Esperamos do Goberno Galego que non siga esta estela. Lembramos que, en educación, temos competencias. E debemos usalas, tamén, ó noso favor.

Ningún comentario: