15.3.10

Ciencia fácil

(Preme na imaxe para ter máis información DESTE LIBRO)

É o nome dunha páxina que nos achega o amigo Juan Domingo.

Andamos sempre atrás de materiais que nos permitan achegar a ciencia experimental ós nosos escolares e, nesa onda, hai algún tempo recomendamos o libro que vedes na imaxe. Un éxito entre os nosos escolares polo que demos, no seu momento as grazas a Ediciones Oniro

A páxina de Ciencia fácil parécenos un achádego: Física, Matemáticas, Química e Robótica a diferentes niveis pero sempre co método científico por detrás o cal é algo non sempre ben conseguido nos materiais para nenos e nenas de Primaria. A páxina ten materiais para tódolos niveis.

Agradecidos, pois, pola información, amigo Juan Domingo, que, como ves, non tardamos en pór en circulación.

E, a vos: adiante cos experimentos!

Ningún comentario: