"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
29.3.10
Cápsulas do tempo
Os pequenos teñen, por definición unha visión sincrónica do tempo: a idea da historia e do paso do tempo é allea ó seu momento vital.
Con este obxectivo a bordou Mercedes, a titora de 1º esta actividade: tomar conciencia do paso do tempo. E propuxo a elaboración de cápsulas do tempo.
Nenos e nenas , coa axuda da súa familia, fixeron unha cápsula do tempo: unha caixa que contén un resumo da propia vida en forma de obxectos. Contos, biberóns, bonecos, patucos, axouxeres...¡ata ecografías!
E, mirando esa roupa que xa non lles vale, eses xoguetes cos que xa non xogan, eses zapatiños que non poden pór... mirando eso viron, tamén, o paso do tempo.
Un modo de traballar o concepto do PASADO. Un modo emotivo, persoal, activo e, sobre todo, significativo.
Parabens á profe, ás familias e, sobre todo a eses nenos e nenas.
Etiquetas:
1º,
actividades,
historia
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
A min gustáronme tanto...¡que se me puxeron a escamas de punta!
aja
Publicar un comentario