25.2.10

Se copias: cita

  • A nosa biblioteca ven elaborando documentos desde que comezou o seu proxecto no ano 96.
  • Tódolos nosos documentos son públicos e están enlazados desde este blog.(Sección: As cousas de Leo , columna da dereita))
  • Todos teñen licencia Creative Commons .
  • Os nosos documentos poden ser usados, copiados, aumentados... citando a procedencia.
  • O feito de que os poñamos a disposición de quen os precise, non significa que se fixeran sós.
  • Non nos gusta velos reproducidos baixo o nome de outros autores.
  • Lembra que, Internet tamén ten unha ética.


Deixamos uns cantos enlaces para que, quen o precise, se informe sobre as normas que rexen as citas, as copias e as obras derivadas.
Adaptación de normas APA para citas de fontes
Referencias ou citas para documentos electrónicos
Como citar documentos electrónicos (Normas ISO)
Wikipedia: referencias

6 comentarios:

Montse dixo...

Olga, gracias por esta recopilación de documentos y por recordar un aspecto de la publicación digital que tanto los adultos como los menores obvian.
La gran mayoría de textos e imágenes que encontramos por Internet tienen a una persona detrás que se ha tomado las "molestias" de dejar el material al alcance de quien lo necesita y "es de bien nacidos ser agradecidos".

O Segrel do Penedo dixo...

Benquerida Leo... dende O Segrel subscribimos este post na súa totalidade, e por se "alguén" non ten dabondo coas ligazóns que completan o teu artigo, velaí van un par máis, que xa sabemos que nestes casos nunca veñen de máis...
Creativecommons
Plagio
Apertas referenciadas!!!

Copión dixo...

Non fagas o que non che gustaría que che fixeran. É unha lei fácil, que creo que debe vir da Biblia, non cito o libro e versículo por pura ignorancia. :-)
As citas tamén teñen un compoñente de agradecemento, o autor precisa saber que o seu traballo serviu a outra persoa.

Leo dixo...

O que eu non sei é de que maneira facer para que a xente sexa respectuosa.
Tal vez eso, coma tantas cousas, haxa que aprendelo de pequenos.
Ben. Niso andamos cos nosos escolares pero...¿e os adultos criados na filosofía do pelotazo?
¿que facemos con eles? ¿como lles inxectamos o sentido da ética?

Anónimo dixo...

Ola, é a primeira vez que visito seu blog, fico muito feliz pelo seu trabalho. abraços...

http://calebeonline.blogspot.com/

Bibliobelesar dixo...

Leo é moi intelixente ao facer artigos coma este. MOitas veces, máis por ignorancia que por maldade, esquecemos cousas tan importantes como recoñecer o traballo dos outros. Esto ten que cambiar entre todos. Grazas Olga!