30.1.10

Xuntos



Para rematar o día baixamos todos ó patio a pousar as nosas pombas mensaxeiras no mural que preparara o Equipo de Convivencia. Os maiores buscaron as súas mensaxes entre frases de persoeiros célebres e os pequenos, inventaron as súas pripias.
Logo, dirixidos por Javi, o profe de Música, e acompañados pola banda que el formou este curso, cantamos xuntos NO DUDARÍA (a canción de Antonio Flores).
Foi tan emocionante que houbo que repetila a petición do público, porque ningún de nós quería que rematara aquel momento máxico

2 comentarios:

Bibliobelesar dijo...

Qué fermosura, ese cartel cheíño de pombiñas de bós desexos. Saúdos a esos artistas !

Leo dijo...

De verdade que estaba fermoso, fermoso. Ogallá esto cale no corazón de todos e todas e fagamos ó noso arredor un mundo máis pacífico!