28.1.10

Que todos se leven ben


Esta é a definición de PAZ que aparece no noso Diccionario das Palabras Bonitas.

Que todos se leven ben.

Sinxela. Breve. Chea. Non precisa nada máis.

¿Imaxinades un pobo, unha vila, unha cidade, un país... un mundo... no que todos nos levemos ben?
Pois iso debe ser a PAZ.
Podemos invertir a vida en conseguila. Non é un mal plan.

¿Alguén ten un plan millor?

O cartel coma decote, é obra dos compañeiros de Bibliocabe

Para hoxe pola mañá:
Marce o Carteiro. para E.I. e 1º ciclo no recreo na biblio
Rematar mural dos acrósticos
Completar mural coas fotos das familias.
Pola tarde:
Cantar xuntos coa banda escolar: No dudaría
Pousar as pombas mensaxeiras no mural do patio.

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Unha xoia que non esquecerei, ese marabilloso "Dicionario das palabras bonitas".
Ah, eu apúntome a ese voso fantástico plan!!
Apertas de mel dende Fene. Feliz Día da Paz.

Antonio Martínez dijo...

Parabéns por tanto e tan bo traballo "pacífico".