8.1.10

Doutro tempo

Canto onte falaba de publicidade lembrei estas fotografías que fixen este vran pasado nunha rúa de Figuéres (Girona).
Trátase de mosaicos publicitarios que figuran á porta de diversos establecementos. Na meirande parte dos casos só se conservan os mosaicos pois os negocios foron mudando.
Ó velos conmoveume ese derroche de tempo e cartos, ese concepto de permanente na publicade que choca coa concepción que hoxe temos porque ...
...¿coñeces algo que dure menos atalhora que un slogan publicitario?
Ben, aí quedan para que os vexades.

Eu non fun capaz de averiguar de que ano son, supoño que do primeiro cuarto do século pasado pero non o sei. Tal vez os nosos amigos do Ceip. San Jordi poidan boarnos unha man nesto.

Ningún comentario: