16.12.09

Exposición de Nadal. Agasallos literarios


Esta é a nosa exposición de libros para pedir como agasallo de Nadal.
A maioría son incorporacións recentes.
Podedes facer unha reserva para levalos en préstamo durante as vacacións. Para elo, solicitade na biblioteca unha folla de RESERVA.
Tamén podedes coller unha carta de Reis e pedilos como agasallo.
Esperamos, de corazón, que os reis sexan bos, moi, moi bos con todos e todas.

P.D.- Un agradecemento especial para os nenos e nenas de 5ºA que FIXERON todas esas estrelas que vedes na expo. Menudo traballo! Seica esgotaron toda a purpurina que había a vender en Malpica!!!

E outro ó profe José que non deixa de sorprendernos coas súas ideas marabillosas para facer aínda máis bonito o que xa o é de por sí.

2 comentarios:

RAIOTECA dijo...

Unha exposición espectacular!!!
Parabéns!!!
BO NADAL E QUE O ANO 2010 SEXA UN BO ANO PARA TODAS E TODOS ESES ALUMN@S E PROFES DE MALPICA.
Un agarimos saúdo.
P.D. RAIOTECA MÁNDALLE UN BICO DE NADAL A LEO.

Chispa dijo...

Máis bicos nosos para Leo. Non perdades as mañas, a ilusión e as ganas de compartir; nós seguiremos aprendendo con vós.
Que teñades un Bo Nadal, e que ese 2010 que nos vén aí chegue cargadiño de saúde, de máis proxectos en común e de tempo para levalos a cabo.
SMUACSSSSSSS!