12.11.09

Polo San Martiño...


Descubrimos Brinquedia a través do blog da biblioteca do Ceip. Alexandre Bóbeda.
Trátase dunha interesantísima páxina sobre xogos populares.
Onte, 11 de Novembro, celebrousese en toda Galicia o "Día do peón 2009", co seu acto central na Alameda de Compostela cun pregón lido polo escritor e xornalista Suso de Toro
O asunto resúltanos de interés porque como sabedes, andamos a traballar ó redor das buxainas (que é como lles chamámos en Malpica)
Estes días encheráse o cole de buxainas, cada quen a súa. Pintalas, bailalas... Coma tódolos anos.
Confeso que eu...¡non consigo aprender! Moito me temo, que estas cousas hai que aprendelas de pequeno.
¡Pois neso andamos!

e os/as compañeiros/as do Ceip. de Pazos...¡tameeeeeeeen!!!

2 comentarios:

Chispa dijo...

E niso andamos nós tamén; a practicar e practicar. Estes días bailamos as buxainas no recreo,levamos as que temos na casa para ver cantos modelos diferentes atopamos; e tamén imos facer rimas que colgaremos no blog de Normalización. En fin, que é un gusto recuperar xogos coma este.
Apertas desde a nosa biblio e a bailar!

Leo dijo...

Acabo de facervos un enlace.
¡A xogaaaaaaar!!!