"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
2.11.09
Onde viven os monstros
Onde viven os monstros (Kalandraka, 2000) é un dos nosos libros favoritos. Nosos... e de moitísima xente xa que desde que se editou en 1963 non parou de reeditarse. Paradigma do medo e a tenrura na literatura infantil, é un libro redondo.
Escrito e ilustrado polo norteamericano Maurice Sendak, conta a historia de Max, un rapaz que se enfada coa súa nai e bota man da súa imaxinación para superar o trance. Dese modo marcha a unha illa...na que viven os monstros.
O libro conta esa viaxe ata a illa na que viven os monstros grandes, peludos, ameazantes, de ollos amarelos... pero MAX míraos directamente ós ollos aguantando do medo...o que fai que o nomeen rei.
A partir de aí medra unha historia de amizade, camaredería e aventuras ata que MAX comeza a botar en falta o que deixou na casa... E non vos conto máis.
A noticia que vos traio hoxe é que está a piques de estrearse en España a película.
Dirixida por Spike Jonce, e despois de superar moitos obstáculos, parece que teremos oportunidade de vela a partires do 18 do mes que ven. En USA xa se estreou a mediados de Outubro e tivo un gran éxito.
O libro témolo na biblioteca, así como unha versión en VHS que editara, no seu día a editoral AURA .
Grazas a Trazosdetinta din con esta web americana na que varios ilustradores dan a súa propia versión de Max e os monstros. Non deixedes de mirala.
E, a película.... mentres non se estrea deixovos un adianto:
Etiquetas:
animacion à lectura,
cine,
ilustradores
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario