Pero aínda hai máis: para seguir achegándonos ás ciencias do mar, o Doctor Octo invítanos a que nos vindeiros días participaremos nos experimentos interactivos da Dra. Medusa a bordo do barco-laboratorio Orión. Enterámonos de que andan a reclutar científicos.
Con ela poderemos xogar a identificar a un grupo de investigadores nunha escena no peirao, saberemos por qué motivo deben ser eles os científicos do grupo e cal é o material de investigación que utilizan. Poderemos experimentar coa mestura de masas de auga de distinta salinidade e comprender mellor cómo se mesturan as masas de auga nas nosas rías . Por último, poderemos realizar unha disección virtual dun xurelo, e coñecer algunhas diferencias entre os distintos tipos de peixes.
Os que consigan rematar os experimentos poderán formar parte da tripulación do Orión na súa viaxe á Antártida.
BOA SORTE
Grazas ao grupo de teatro Babaluva e ao Centro Tecnóloxico do Mar por levaren a cabo e organizar estas actividades financiadas pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria.
1 comentario:
É estupendo que andedes a aprender algo máis sobre o mar. Xa sabedes que é a miña casa...¡cando non ando pola Biblioteca!
Publicar un comentario