O vindeiro Día 10 conmemoraremos o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Para introducir o resto das actividades que temos preparadas, preparamos esta presentación. Se pinchas aquí verála desplegadiña coma un libro.
As fotos son todas de Sebastiao Salgado.
Declaración dos Dereitos dos nenos/as en Galego
10 comentarios:
Parabéns por este estupendísimo traballo, querida Olga. Estas fotos sempre son... que palabra debemos utilizar para expresar o que di a cámara? Conseguiremos algunha vez un mundo máis xusto?ct
Entre Sebastiao Salgado e Gervasio Sánchez... poñemos imaxes ó que sabemos que existe pero non vemos (e ás veces non queremos ver). Efectivamente teñen unha sensibilidade ante o mundo que compartimos plenemente.
Dubidei entre un e outro para ilustrar a dor, a miseria e a inxustiza e, desta volta foi Salgado.
Estupendo traballo.A ferramenta xa a víramos, pero o uso que lle das tí a mellora.Si nolo permites, poñeremolo no noso blog.
Pois será unha honra. É ben que o tempo invertido nestas cousas, sirva para moitos/as.
Noraboa polo traballo e esperemos que , nun futuro próximo, xa non sexa necesario facelo.
Bicos, Olga
Parabéns polo teu magnífico traballo. Das fotos que decir? Tremendas!!
E desta nova ferramenta? Grazas por achegárnola. Faremos bo uso dela...
Súmome aos parabéns.
Olga:
Has hecho un excelente trabajo. Soy seguidor emocionado de los trabajos fotográficos y corresponsales que hacen Gervasio Sánchez y Sebastiao Salgado; dos personas con altísimos niveles de compromiso social que nos muestran esa parte oscura de la sociedad para que no nos olvidemos que existe y que es necesario mejorar.
Felicidades por el trabajo que haces.
Mariano
É unha fermosa presentación para unha realidade tan triste. Nas nosas mans está, polo menos, a sensibilización dos nenos e nenas dos nosos colexios.
Coma nós xa traballamos os Dereitos do Neno, agardaremos ao 10 e subiremos a túa entrada unha vez máis grazas á túa xenerosidade.
Biquiños agarimosos e comprometidos cos DEREITOS.
Encantoume a vosa presentación. Gustaríame utilizala de base para esta proposta:
Teño varios debuxos doutros centros dos dereitos, gustaríame intercalalos na vosa presentación para amosar así o traballo conxunto pero non sei como facelo.
Habería a posibilidade de que vos enviase os debuxos e colocásedes cada un deles na vosa presentación no dereito correspondente? Non sei se é moito pedir :-( Senón, en todo caso, indicádeme como facelo, por favor. Noraboa polo voso bo facer. Xa sabedes o correo de A Rúa por se tendes que contactar comigo:
ceip.arua@edu.xunta. es
Moitas grazas.
Publicar un comentario