21.7.09

Punto final e agradecemento.



Remato as entradas sobre a festa que se viviu en Muros con motivo dos IX Encontros de Embarcacións Tradicionais deixándovos os enlaces ós álbumes fotográficos.
Como última reflexión gustaríame darlle o valor que ten ó traballo comunitario que fixeron os muradáns e muradanas. O traballo desenvolvido foi moito máis aló da organización dun evento. Si, foi algo máis: puxeron o corazón.
Só así se entenden eses centos de voluntarios e voluntarias colaborando coa organización, ese mimo en engalanar ruas, casas e escaparates, esa aportación colectiva do que cada quen tiña na súa casa (bonecas de cartón, máquinas de coser...) Esa idea de colectivo e de traballo comunitario que cando se dá multiplica os esforzos individuais e engrandece ós protagonistas e cando non se dá...
Eran conscientes de que estaban a ser observados por miles de ollos que, en moitos casos, ollaban por vez primeira a vila. E querían que o efecto fora a FASCINACIÓN.
Obxectivo conseguido. Moitos de nós volveremos a Muros e miraremos con ollos de respecto e cariño á vila e ós seus habitantes que teñen de sí mesmos e da súa cultura un alto concepto.
Por todo elo:

GRAZAS, Muros.

Muros I
Muros 2
Muros, a vila
Ceremonia inaugural

7 comentarios:

Montse dixo...

Olga, felicidades por esta reportaxe tan completa. Encantoume visitar virtualmente Muros convertido nun Museo do mar.
Avisei rápidamente ao senyor i - a Ignasi- , dado o seu interese polos oficios antigos.

Ronsel dixo...

Preferiría estar aí... pero outra vez será!
Moitos bicos e parabéns: estás feita unha reporteira de verdade!

olga dixo...

Asegúrovos que foi algo tan especial...que facer as fotos non tivo mérito ningún.

Unknown dixo...

Vaia! Pois co observador que son eu debo recoñecer que hai detalles que me pasaron desapercibidos; pero, que ben reseñados están!. De acordo contigo en que o Pobo de Muros, ese POBO CON MAIÚSCULAS, QUE É A SÚA XENTE, soubo acariñar a todolos visitantes nunhas xornadas inolvidables para quen tivemos a sorte de vivilas en directo e AO VIVO.

olga dixo...

Grazas, Carballás.

Unknown dixo...

Deámoslle os méritos que lle corresponden a reporteira fotográfica, xa que ás persoas que navegamos neses barcos, gústanos ve-las fotos e vernos nelas. Moitas grazas polas fotos e polas reportaxes.SIRADELLA

olga dixo...

Carme, xa vexo que non hai navegación que se che resista. Alégrame toparte por aquí.