3.7.09

Benvido, Nuno

Nuno acaba de nacer e xa forma parte dun club moi exclusivo onde só figura o 12% dos nenos e nenas que nacen en Galicia cada ano:

o Club dos nenos e nenas que levan nomes galegos.

Quen sabe por qué, as nais e pais do noso país escollen maioritariamente nomes alleos para chamar ós seus fillos e fillas. ¿Será porque descoñecen? ¿Será por non parecer decantados ideoloxícamente? Parece ser que cando se escolle un nome galego estase a declarar un certo posicionamento político ou ideolóxico. E non é así. Que llo pregunten ós pais de Nuno.

Por esto me emociona especialmente: porque seus pais puxéronlle un nome do país que o ve nacer, un nome que o identifica coas súas raíces, unha identidade. Nada máis, e nada menos. E non por facelo, fan tamén unha declaración de ideoloxía concretada nun partido polítivo concreto. A identidade non é eso. Mirade, senon a Euzkadi ou a Cataluña: orgullosos de sí mesmos en calquera lugar do espectro partidista.

Logo, a vida de Nuno será a que el decida.

Benvido á vida, meu neno. De momento, xa sabes onde tes as raíces que irán contigo alí onde vaias: sabes cal é a túa identidade.

Que os ventos che sexan propicios!


2 comentarios:

Ronsel dijo...

Como ben dis, pór un nome galego significa, cando menos, que es do Bloque. Vaia, estaste identificando politicamente. Este é o país que temos.
Poñer nomes galegos cando se rexeita a propia lingua? Ogallá ao teu Nuno lle falen en galego!
Saúdos cariñosos, querida Olga

olga dijo...

O que digo, precisamente é que NON TEN que ser eso.
E, a Nuno, que lle falen no que queiran, que aprenda moitos idiomas pero que nunca esqueza cal é a súa identidade.