É un placer aprender, e aínda máis se se fai na compaña dos amigos.
Durante os días 28, 29 e 30 de maio, un grupo de responsables de bibliotecas escolares galegas (Biblioafonso, Milladoiro, Paseo das Pontes e O Segrel) asistimos en Salamanca ás 17ª Xornadas de Bibliotecas infantis, xuvenís e escolares organizadas pola FGSR baixo o lema "Lecturas na rede e redes en torno á lectura".
A inauguración correu a cargo de Jordi Adell. "Novos medios para comprender o mundo". Falounos do impacto das novas tecnoloxías nas novas xeracións, do concepto de "prosumidor", do aproveitamento da intelixencia colectiva a través da arquitectura da participación... Canto disfrutamos da súa conferencia!!
Pola tarde, tanto xoves como venres asistimos ao "Taller web 2.0" a cargo de Ángel García, membro do CITA e que fixo un percorrido polas distintas ferramentas que a web 2.0 pon ao noso dispor.
O venres comezou a xornada con Jane Kunze, bibliotecaria da área infantil da Aarthus Public Librazy (Dinamarca) que nos achegou a magnífica experiencia que están a levar a cabo xunto coas familias.
"Parents are the main reason why children go to the library!!"
Tras dela Kari Lämsä, director da Library 10 de Helsinki (Finlandia), amosounos a experiencia que se está a desenvolver nesta moderna biblioteca musical situada no centro da capital finesa.
"When other libraries staff is making plans we are making mistakes!!"
O sábado as intervencións correron a cargo de Roser Lozano, directora da Biblioteca Pública de Tarragona e de Juan Mata, profesor titular do Departamento de Didáctica da lingua e literatura da Universidade de Granada. Juan Mata a través da súa conferencia "Bibliotecas, clubes, redes e outras fraternidades" transmitiunos dun xeito emocionante o seu optimismo e a súa paixón pola lectura.
"Los jóvenes son las víctimas de nuestros miedos"
"Los jóvenes, si los educamos bien, pueden leerlo todo!"
Falounos da lectura como oportunidade de reflexión; dos pais, as familias, as aulas, as bibliotecas, as amizades... como os distintos nús que ben entretexidos son os que forman ao lector; do importantísimo papel do mediador...Un verdadeiro placer escoitalo e un inmellorable remate das xornadas.
O venres á noite cena de confraternidade en "Las Caballerizas". Alí coñecimos a Mª José e a Teresa de Asturias; a Francisca e Antonia de Baleares; a Amalia de Cataluña; Ana Isabel de Navarra; a Luismi e a Rafael Muñóz da FGSR... que pena que esta reunión non a tiveran organizado o primeiro día.
E nesta apretada axenda tamén fixemos un oco para poder admirar a magnífica exposición sobre Alphonse Mucha no Museo da Casa Lis que, si ben foi un placer para todos, foino aínda máis para Loly que é unha apaixoada do artista checo. Unha marabillosa sorpresa para completar unha viaxe fantástica en compañía dos amigos.
7 comentarios:
Non sei que teremos feito para merecer tantos agasallos na mesma semana. Hoxe "O Segrel" no blog da biblio de Milladoiro!!!
Que saibades que para nós foi un placer compartir xornadas c@s amig@s!!
Grazas a ti, Loly, por nos dar o traballo feito.
Tanto compartir, tanto compartir... Como lle disía ao segrel, vós sabedes latín
Agora toca aprender Portugués, pero o Latín tamén axuda ¡Se o saberás ti en calidade de experto!
Pois nin Latín nin portugués (vai con segundas posto que vou renunciar á proposta de Mª José Vitorino)
O que si é certo é que foi un pracer compartir eses días en Salamanca.
As vosas si que son bibliotecas: eu sempre vos vexo con viño e comida. U-los libros? Por certo, moi bo o truco de poñer detrás a Praza de Maior!
Só faltaría que tiveramos que viaxar cos libros ó lombo!
e pasar sen comer... Pero non des ideas que nunca se sabe...
Publicar un comentario