29.6.09

Libros de texto, curso 2009/10. Nota da Consellería


Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño sobre a GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO:
A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares. A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva:
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009.
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS: José Manuel Pinal Rodríguez.

Vía Biblioteca Ceip. de Cervo (Lugo)

25.6.09

Un toque de autoestima

Hoxe, pareceume que nos viña ben un toque de autoestima e lembrei esta campaña publicitaria que tanto nos sorprendeu no seu momento.
Por se precisamos botar man dela para seguir a andar o camiño.
Para nunca esquecer quen somos. Que, quen esquece a raíz non medra con fundamento.

Anque xa a tendes...

...non está de mais que tamén a coloquemos aquí por se se extravía a que leváchedes.
Feliz verán,
felices horas,
felices compañas...
¡e felices lecturas!

24.6.09

Botámolo peche



Como estas imaxes falan por sí soas... ¡aí vos quedan!

17.6.09

Argumentos para a reflexión

Seguimos a voltas coa importancia da diversidade linguística e o perigo de desaparición en que se atopan moitas, entre elas A NOSA segundo os informes da UNESCO.
Hoxe lemos en MESTURAS :
Non importa, en realidade, o número de falantes dunha lingua. En contornos bilingües urbanos, comunidades de 50.000 falantes poden ser totalmente ineficaces para preservar unha lingua minoritaria, se esta non é aprendida debidamente nas escolas e prestixiada a través da prensa, radio e a televisión.
Deixámosvos este documento do profesor Xosé Luís Regueira (IGL) para enriquecer criterios e axudar á reflexión.

15.6.09

Por que morren as linguas?

No blog amigo Mesturas, vimos esta entrada que reproducimos por parecernos moi acaída.

A historia está plagada de defuncións lingüísticas. A marcha triunfal do imperio romano erradicou o etrusco da península itálica e contribuíu á eliminación do galo da Europa occidental. Con todo, o ritmo acelerado destes procesos na actualidade non ten precedentes. A comunicación global favorece e reforza o dominio e a selección de só as máis afortunadas e aínda que contamos cunhas 6.900 linguas faladas, os falantes nativos das 10 primeiras sumarían eles sós o 40% da poboación mundial
Os estados postcoloniais favorecen e promoven tendencias monoculturalistas: así temos un exemplo claro en Nixeria que só recoñece 4 das súas 400 linguas faladas. Son abundantes os exemplos en que todo tipo de presións económicas e urbanísticas aceleran e provocan procesos de marxinalización social asociados ás linguas minoritarias.
Múltiples factores políticos, económicos e sociais son a causa de que tantas linguas se extingan na actualidade. En xaneiro de 2008 a lingua Eyak converteuse na primeira lingua de Alaska que desapareceu ao morrer o seu último falante e o Jawoyn , desaparecido en xullo do 2007 converteuse na última dunha longa lista de linguas desaparecidas no continente australiano.

FONTE : ‘1,000 Languages’ by Peter Austin (Thames & Hudson, 2008)

AS DECISIÓNS POLÍTICAS AFECTAN O DECLIVE OU A BOA SAÚDE DAS LINGUAS EN PERIGO DO MESMO XEITO QUE AFECTAN Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL O ARTÍSTICO

O GALEGO É XA UNHA LINGUA CATALOGADA COMO EN PERIGO POTENCIAL DE EXTINCIÓN. NON O PERMITAMOS. É A NOSA RESPONSABILIDADE

14.6.09

Fracaso escolar e lingua. Datos 2009


Segundo os últimos datos feitos públicos polo MEC, Galicia está entre as comunidades con menor fracaso escolar que corresponden ó ano 2006 e publica a revista Papeles de Economía española no seu nº 119.
Foi no xornal La voz de Galica onde limos as conclusións.
A nosa porcentaxe (25,1%) está por baixo da media española.
No outro extremo dos datos, están Baleares, Valencia, Canarias, Andalucía, Ceuta e Melilla.
Mirade con atención o mapa. É moi instructivo.

Respecto dos resultados no último Informe PISA:
Castilla y León e La Rioja son as CCAA con millores resultados , seguidas por, en orden de bos resultados, Aragón (513 puntos), Navarra (511), Cantabria (509), Asturias (508) e Galicia (505). Estas CCAA encontranse ó nivel de Suiza, Austria, Bélxica ou Irlanda, e con millores resultados tanto de Suecia coma do promedio da OCDE.

Das 10 autonomías examinadas, a galega foi a C.A. bilingue que obtivo máis puntos en Física, Química e Bioloxía -por diante do País Vasco e Cataluña-, un área de coñecemento que desde fai anos impártese só en lingua galega.

12.6.09

As Linguas Suman


Ante a inminente enquisa que a Xunta vai facer aos pais e nais galegos sobre o galego no ensino, "buscando a liberdade lingüistica" a Coordinadora de Galega de Equipos de Normalizacion e Dinamizacion Lingüistica e co apoio da Universidade de A Coruña, Universidade de Vigo e as Escolas Católicas de Galicia, elaborarou un tríptico para a información aos pais e nais da importancia do coñecemento dos idiomas e da utilidade do galego.

Tentaremos difundilo, imprimilo,copialo, compartilo, amosalo, envialo como adxunto aos nosos contactos...
As linguas suman!!
Descarga o tríptico AQUÍ

8 doas por San Simón








Vía Hora de Ler achegamos as imaxes do discurso de Agustín Fdez.Paz ó que fixemos alusión nunha entrada anterior.
Trátase do seu discurso na noite da entrega dos Premios Xerais .
8 doas por San Simón resúltanos hoxe un discurso non só belísimo, senon acaído, necesario e defensivo desde os argumentos e as ideas que é como hai que defender as cousas e non desde a prohibición e as ordes como algúns nos queren facer ver.
Escoitádeo con atención. Logo podedes descargalo na entrada anterior.
E non vos deixo enlaces porque esta entrada non os precisa. Ou así mo parece.

7.6.09

Premio para Jacobo

O noso amigo e padriño de Leo, Jacobo Fernández Serrano ven de gañar o premio Merlin de Literatura infantil.

Ben sabe Jacobo canto se lle quere por aquí desde que limos as súas formigas e nos visitou na estrea da nosa nova biblioteca. Logo, xeneroso onde os haxa, fíxolle uns arregliños á nosa Leo.

O libro premiado chámase Mil cousas poden pasar, e será editado por Xerais.

Parabens, Jacobo!!!

Queremos deixarvos tamén o enlace ó discurso de Agustín Fernandez Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 na cea que tivo lugar onte á noite na Illa de San Simón con motivo da entrega dos Premios. Un discurso neto: coma sempre, Agustín, topando as palabras xustas.

O discurso de Agustín pódelo descargar completo aquí, grazas ó enlace que nos deixa Manolo Bragado en Brétemas

4.6.09

Seguindo a pista ós SACAPENAS

Desde que andivemos a facer Sacapenas, cada vez que escoito falar de Gaza, non podo evitar facerme as mesmas preguntas:

¿Chegarían xa? ¿Estarán xa alá? ¿Sacarían xa algunha pena?

Hoxe foi este vídeo que ten colgado na súa páxina a Cadena Ser. Nel aparece unha entrevista con Fathy Hamad, Ministro do Interior en Gaza que me pareceu moi interesante, máis para os papás e putras persoas maiores que len este blog.

Case, case aseguro que non é só a min a quen me pasa esto co nome de Gaza, ¿a que a tí tamén? ¿a que hoxe que din os telediarios que anda Obama por alá, prestaches algo máis de atención porque che falaban dun lugar coñecido?
Así será: Gaza irá sempre nos nosos corazóns. Se aínda non estaba.

2.6.09

Reportaxe das Xornadas de Salamanca

Vía O Segrel do Penedo achegámosvos a reportaxe do acontecido e aprendido estes días en Salamanca. Todo o texto que aparece en cor lila pertence ó Segrel a quen dámolas grazas pola redacción.
É un placer aprender, e aínda máis se se fai na compaña dos amigos.


Durante os días 28, 29 e 30 de maio, un grupo de responsables de bibliotecas escolares galegas (Biblioafonso, Milladoiro, Paseo das Pontes e O Segrel) asistimos en Salamanca ás 17ª Xornadas de Bibliotecas infantis, xuvenís e escolares organizadas pola FGSR baixo o lema "Lecturas na rede e redes en torno á lectura".
A inauguración correu a cargo de
Jordi Adell. "Novos medios para comprender o mundo". Falounos do impacto das novas tecnoloxías nas novas xeracións, do concepto de "prosumidor", do aproveitamento da intelixencia colectiva a través da arquitectura da participación... Canto disfrutamos da súa conferencia!!


Pola tarde, tanto xoves como venres asistimos ao "Taller web 2.0" a cargo de Ángel García, membro do CITA e que fixo un percorrido polas distintas ferramentas que a web 2.0 pon ao noso dispor.


O venres comezou a xornada con Jane Kunze, bibliotecaria da área infantil da Aarthus Public Librazy (Dinamarca) que nos achegou a magnífica experiencia que están a levar a cabo xunto coas familias.
"Parents are the main reason why children go to the library!!"
Tras dela Kari Lämsä, director da
Library 10 de Helsinki (Finlandia), amosounos a experiencia que se está a desenvolver nesta moderna biblioteca musical situada no centro da capital finesa.
"When other libraries staff is making plans we are making mistakes!!"
O sábado as intervencións correron a cargo de Roser Lozano, directora da Biblioteca Pública de Tarragona e de Juan Mata, profesor titular do Departamento de Didáctica da lingua e literatura da Universidade de Granada.
Juan Mata a través da súa conferencia "Bibliotecas, clubes, redes e outras fraternidades" transmitiunos dun xeito emocionante o seu optimismo e a súa paixón pola lectura.

"Los jóvenes son las víctimas de nuestros miedos"
"Los jóvenes, si los educamos bien, pueden leerlo todo!"

Falounos da lectura como oportunidade de reflexión; dos pais, as familias, as aulas, as bibliotecas, as amizades... como os distintos nús que ben entretexidos son os que forman ao lector; do importantísimo papel do mediador...Un verdadeiro placer escoitalo e un inmellorable remate das xornadas.


O venres á noite cena de confraternidade en "Las Caballerizas". Alí coñecimos a Mª José e a Teresa de Asturias; a Francisca e Antonia de Baleares; a Amalia de Cataluña; Ana Isabel de Navarra; a Luismi e a Rafael Muñóz da FGSR... que pena que esta reunión non a tiveran organizado o primeiro día.


E nesta apretada axenda tamén fixemos un oco para poder admirar a magnífica exposición sobre Alphonse Mucha no Museo da Casa Lis que, si ben foi un placer para todos, foino aínda máis para Loly que é unha apaixoada do artista checo. Unha marabillosa sorpresa para completar unha viaxe fantástica en compañía dos amigos.