29.6.09

Libros de texto, curso 2009/10. Nota da Consellería


Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño sobre a GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO:
A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares. A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva:
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009.
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS: José Manuel Pinal Rodríguez.

Vía Biblioteca Ceip. de Cervo (Lugo)

2 comentarios:

Encarna dixo...

Dende Andrade, en Pontedeume, desexamos que pasedes unhas felices, refrescantes e ben merecidas vacacións de verán.
Grazas por compartir desinteresadamente todas as vosas experiencias, ideas e actividades, que tanto nos axudan sobre todo aos que somos novatas nisto das bibliotecas escolares.
Unha aperta. Ata pronto!!!
RAIOTECA.

olga dixo...

Compartir é un placer e unha obriga. Nós tamén aprendemos de todos e todas. Así sumamos e multiplicamos.
Boas vacacións!!!